Compra de madeira

Compramos a túa madeira, principalmente piñeiro e eucalipto, ainda que tamén compramos madeira doutras especies forestais.

O proceso de compra de madeira comeza cando te pos en contacto con nos, e concertamos unha cita para poder ver as túas fincas (podemos solicitarche nese contacto a referencia catastral das fincas o outros datos que faciliten a busqueda da finca ou fincas).

Posteriormente realizamos unha valoración económica da madeira que se atopa nas túas leiras e que queres vender

Unha vez chegamos a un acordo sobre o prezo de venda asinamos un acordo de compra/venta e acordamos contigo tanto o método e prazos de pago como as datas para realizar a tala da mesma

Facemosche o pago da madeira, realizamos contigo as xestións dos permisos locais e autonómicos necesarios ante a administración e talamos a madeira. Maderas Carneiro garante que correrá con calquera problema que xurda tanto nas propias leira como nos camiños ou lindes durante ao proceso de tala ou transporte da madeira.

Transportamos a madeiras ao lugar de destino, e por último deixamos as leiras completamente limpas para que podas realizar a súa repoboación forestal.

Contamos con anos de experiencia no secto forestalr e un gran coñecemento do mesmo o que fai que os nosos clientes queden satisfeitos cos nosos servizos de compra e tala de madeira.

OUTRA MANEIRA DE VENDER A TÚA MADEIRA – SUBASTA FORESTAL:

Si queres vender a madeira a través dun sistema de poxa podes acceder a SUBASTA FORESTAL, plataforma gratuita para a venda de madeira mediante un sistema de poxa no que os os compradores de madeira que están rexistrados nesta plataforma van facer umha oferta pola túa madeira.

Subasta forestal
Abrir chat
1
Maderas Carneiro
Hola
¿En qué podemos ayudarte?